Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)
Unha maneira de facer Europa
Liña de actuación 08
EXECUCIÓN DE PLATAFORMAS PEONÍS E DE ACCESIBILIDADE PARA O PLAN DE HUMANIZACIÓN

NECESIDADES
- Elevada presenza de vehículos privados no centro urbano de Lalín.
- Convivencia de vehículos cos peóns en zonas céntricas.
- Baixar emisións de gases contaminantes concentrados nunha zona que tradicionalmente ten un fluxo alto e lento de vehículos.
OBxEcTIVOS
Os principais obxectivos son:
- Promover a mobilidade urbana sostible en Lalín, mediante o fomento dunha mobilidade multimodal e accesible no municipio.
- Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.
- Promover os desprazamentos peonís fronte aos desprazamentos a motor, desconxestionando dúas rúas nucleares do municipio, nas que a concentración de tráfico denso e lento é habitual.
- Transformar dúas das rúas máis céntricas de Lalín en plataformas peonís habilitando para iso un espazo máis verde, para o lecer e para o fomento do comercio, ao ser un deseño no que se prioriza o tránsito de peóns sobre o de vehículos.
RESULTADOS
A actuación fará que o Concello de Lalín consiga:
- A humanización de 4.500 m2 do centro urbano de Lalín.
- O establecemento das condicións para unha mobilidade ecolóxica e sostible.
- A mellora das condicións para a reactivación do comercio local dos seus activos con valor histórico e cultural tanto entre os seus cidadáns coma entre os visitantes.
Novas

AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DAS RÚAS PRINCIPAL E LORIGA ENCARAN A SÚA RECTA FINAL COS TRABALLOS PARA HABILITAR ZONAS VERDES, ESPAZOS SINGULARES E SERVIZOS 'SMART CITY'
Ademáis de varios microxardíns e dunha ‘actuación singular’ na Praza dos Nenos, quedarán habilitadas 16 prazas de aparcamento, dúas delas para minusválidos...

A HUMANIZACIÓN DAS RÚAS PRINCIPAL E LORIGA BUSCA UNHA NOVA IMAXE DA ZONA, MÁIS PROTAGONISMO PARA O ‘KILÓMETRO CERO’ E QUE O CIDADÁN SEXA O PROTAGONISTA
O obxectivo principal da obra, segundo Aída Janeiro, responsable da proposta técnica levada a cabo, é ‘converter estas rúas ...

CRESPO VISITOU PRINCIPAL E LORIGA ONDE SE ESTÁN A REMATAR OS SOLADOS DAS BEIRARRÚAS DE LORIGA E ONDE COMEZARÁ EN BREVE O SOLADO DA PLATAFORMA E ZONA DE ESTACIONAMENTO
Ao mesmo tempo que se acometen os traballos en Loriga, no tramo de Principal estanse a construír as canalizacións...

CRESPO VISITOU AS OBRAS DE PRINCIPAL E LORIGA QUE SEGUE A CUMPRIR PRAZOS E NA QUE XA COMEZOU A COLOCACIÓN DOS SOLADOS DE PEDRA NAS BEIRARRÚAS DA PARTE ALTA DA RÚA
Os traballos de dotación de canalizacións de evacuación de pluviais e de preparación das superficies sobre as que se asentarán...

O CONCELLO REMATA A FASE DE ENTUBADO DA RÚA PRINCIPAL E LORIGA E COMEZARÁ EN BREVE CO EMPEDRADO DAS BEIRARRÚAS
Rematáronse os traballos de instalación de canalizacións e servizos a ambos os dous lados da rúa e agora continuarase co...